Galicia Fiddle

ENCORDASS 2024
Do venres 28 de xuño ao luns 1 de xullo de 2024

Encordass 2024

Encordass é un encontro musical para adultos, onde se combinan aulas de instrumento con concertos e obradoiros. Trátase dunha experiencia única construída dende a convivencia e o intercambio cultural no que cada edición está adicada á música popular dun país ou rexión.

Está destinado principalmente a instrumentistas de corda (violín, viola, chelo, contrabaixo, guitarra, zanfona), aínda que existen diferentes modalidades de participación, sendo posible asistir con outros instrumentos melódicos, harmónicos, ou de percusión, xa que as aulas non son de técnica, se non de estilo, aprendizaxe de melodías e preparación do concertó final. Así mesmo existe a posibilidade de disfrutar deste encontró como ouvinte/acompañante*

As aulas de instrumento, no caso do violín, establécense por niveis de repentización auditiva. Nos outros instrumentos haberá un único nivel, combinando as aulas de instrumento con outras de harmonía, improvisación, orquestra ou percusión. Os obradoiros impartidos por mestres do país invitado, así como o resto de obradoiros de danza, percusión, gastronomía, etc. son destinadas a tódolos participantes.

O repertorio traballado durante o curso representarase nun concerto final aberto ao público, que será de participación voluntaria.

Encordass celébrase durante a primeira fin de semana de xullo na Illa de San Simón, e inclúe aloxamento e pensión completa. A idade mínima para participar no Encordass é de 18 anos**.

As prazas cubriranse por rigurosa orde de inscrición no momento en que a matrícula sexa formalizada.

* Opción dispoñible únicamente para socios de Galicia Fiddle. (A inscrición como socio de GF supón a permanencia mínima dun ano. Consulta as ventaxas de asociarte en galiciafiddle.com)

** Os menores que desexen participar terán que facelo titorizados por unha persoa maior de idade e con consentemento asinado polos seus proxenitores.


Prazas limitadas. Reserva de praza por orde de inscrición.

Datos do asistente


Modalidade de Encordass

ENCORDASS COMPLETO
Venres 12 h a Luns 10 h

- Clases de instrumento e talleres
- Ensaios orquestais e concerto final
- Concerto de mestres
- Talleres de baile
- Aloxamento na illa 3 noites
- Pensión completa 3 xornadas
- Traslados en barco
- Talleres: baile, percusión, gastronomía, Konakol
- Foliada a bordo Holi (Sábado)
- Sesión vermú diaria
- Cena temática rajhastaní (Sábado)
- Encordass Fiddle Fest Domingo

ENCORDASS REDUCIDO
Sábado 9 h a Luns 10 h

- Clases de instrumento e talleres
- Ensaios orquestais e concerto final
- Concerto de mestres
- Talleres de baile
- Aloxamento na illa 2 noites
- Pensión completa 2 xornadas
- Traslados en barco
- Talleres: baile, percusión, gastronomía, Konakol
- Foliada a bordo Holi (Sábado)
- Sesión vermú diaria
- Cena temática rajhastaní (Sábado)
- Encordass Fiddle Fest Domingo


Os prezos varían en función da modalidade, do aloxamento escollido e a condición de asociado.

Vantaxes para socios en ENCORDASS 2024:

· Poden levar un acompañante coa sua mesma tarifa, ainda sendo socios individuais (o acompañante debe facer a inscripción cos seus datos mencionando ao socio titular no campo de comentarios).

Os socios teñen unha morea de vantaxes e prezos reducidos en todas as actividades da asociación.
A cuota de socio é de 10€/mes por socio ou 15€/mes por familia, e a permanencia mínima é de un ano.
Podes facerte socio aquí.


Escolle a tua tarifa




De conformidade co establecido no Regulamento Xeral de Protección de Datos da Unión Europea (RGPD), Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 informámoslle de que o responsable do tratamento dos seus datos é a ASOCIACIÓN CULTURAL GALICIA FIDDLE. A finalidade do tratamento é atender as comunicacións e facilitar información das actividades que desenvolve a nosa asociación. A base legal para manter a comunicación, de interese para ambas partes, é o consentimento expresamente outorgado. En calquera momento poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición remitindo un correo electrónico ao enderezo info@galiciafiddle.com. 
Se vostede considerara que os seus dereitos non se respetaron poderá dirixirse á Agencia Española de Protección de Datos, www.agpd.es ou na dirección Jorge Juan, 6, 28001 - Madrid, como Autoridade Independente de Control en materia de protección de datos de carácter persoal.