Galicia Fiddle

Alta de Socio Galicia Fiddle

GALICIA FIDDLE A.C. naceu coa pretensión de crear un espazo que recuperara e impulsara o uso dos instrumentos de corda na música popular en Galicia, e que complementando ao tradicional ensino da música culta, aportara unha nova perspectiva. Na nosa asociación entendemos que existe outra vía de aprendizaxe, baseada na tradición oral e cunhas metas máis accesibles, que permiten gozar dos instrumentos de corda dende os primeiros pasos e que farán que a relación co instrumento sexa para toda a vida, por pouco tempo que se teña para adicarlle ao seu estudo.

Tras varios anos de ir consolidando a idea, cunha intensa traxectoria colmada de cursos, concertos e actividades desenvoltas grazas ao entusiamo dun puñado de amantes do fiddle, chega o momento de darlle á asociación cultural GALICIA FIDDLE unha nova dimensión que lle permita seguir avanzando máis aló, con novos e ambiciosos proxectos de carácter nacional e internacional.

As cotas de socio, que dende agora establecemos, asegurarán á asociación GF unha estabilidade económica que permitirá manter o alto nivel de actividades desenvoltas ata o momento, e ser quen de afrontar o custo dos servizos dos profesionais que os fagan posible: xestoría, promotores de concertos, diseñadores gráficos, fotógrafos, cámaras e videocreadores, publicistas, etc.

As distintas modalidades de asociados nacen coa intención de procurar o máximo número de membros posible, de tal xeito que, por unha banda, o prezo das cotas non sexa un impedimento para aqueles que non as poidan asumir neste momento, e por outra, facilitar o asociacionismo dos núcleos familiares, eixe fundamental no que se asenta Galicia Fiddle.

Os descontos e beneficios que os socios acadan coa súa inscrición, foron deseñados de tal xeito que participando en varias das actividades programadas ao longo do ano, a suma destes equivalan practicamente ao custo da cota anual.

O equipo directivo quere animar a que todo aquel que queira colaborar, tanto a nivel profesional, como mediante descontos para os asociados nun determinado negocio, nolo faga saber. Deste xeito aumentaremos pouco a pouco as vantaxes de pertencer a GF e faremos máis forte a comunidade.

Modalidades de Socio



Vantaxes de ser Socio de Galicia Fiddle:

Vantaxes no San Simón Fiddle:

* Para ter dereito a estas vantaxes e descontos débese permanecer como socio polo menos un ano

Dados persoais e de contacto



Tipo de Socio*





Dados bancarios e de pago

IBAN:
ES09 2080 5000 6030 4033 5547
Entidade:
ABanca
Titular:
ASOCIACION CULTURAL GALICIA FIDDLE




De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de dicembro de Protección de Datos de Carácter Personal (“LOPD”) informámolo de que os seus dados de carácter persoal ficarán incorporados nun ficheiro inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos cuxo responsable e titular é ASOCIACION CULTURAL GALICIA FIDDLE, e cuxa finalidade é a xestión de socios e simpatizantes de Galicia Fiddle. Os Dados serán tratados co grado de protección axeitado, segundo o Real Decreto 994/1999 de 11 de xuño, tomándose as medidas de seguridade necesarias para evitar a sua alteración, pérdida, tratamento ou acceso non autorizado por parte de terceiros que os poidan utilizar para fins distintos para os que foron solicitados ao Usuario. Poderá exercitar os seus dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación, en cumprimiento co establecido na LOPD, por medio de correo electrónico ao enderezo info@galiciafiddle.com.